Últimos posts

Subscribirme ao RSS

Nova vida, novo estado para este Blog

Despois de ter un tempo abandonado este blog, agora volve con un novo enfoque. 

Como sabedes antes estaba moi centrado no meu amor aos cans, á natureza e ao portugués. A vida segue o seu camiño e agora xa non me dedico a criar pastores alemáns (a miña paixón), aínda que segue ó meu lado Thor gran compañeiro de fatigas, máis velliño, xa ten 11 anos, pero sempre ao meu lado, sempre pendente de min, sempre cariñoso. Na esencia, o blog, seguirá o mesmo camiño; o camiño que nos vai marcando a vida, deixando unhas cousas e collendo outras, Pretendo que sexa un punto de reflexión sobre nós e o noso patrimonio como galegos; sobre a nosa sociedade e cultura, tamén a portuguesa, da que somos irmáns. Procurando reflectir as grandezas e as miserias do noso pobo. 
Sei que temos un número inmenso de monumentos, e que é moi difícil podelos atender todos a un tempo, pero si podemos evitar que se destrúan como está pasando. Nesta nova andaina a máis de Thor teño a miña compañeira e a miña parella Hélade que me acompaña e me anima a aprender cada día máis. Tamén ela me axudou a descubrir o grande tesouro que temos na emigración e que pouco valoramos, en especial en Cuba (quen non tivo un parente relacionado con Cuba?). Da man dela e de Roi Casal no seu traballo "Son galego son Cubano", descubrín un mundo novo, onde Hélade fai de anfitriona e Neira Vilas (musicado por Roi) fai de guía por esa Habana chea de Galicia e de galegos que iremos descubrindo aos poucos. Hoxe seguramente non valoremos na súa xusta medida a importancia do traballo de Roi Casal, e a inmensa documentación que nos deixou Xosé Neira Vilas sobre a emigración galega. Unha das cousas que máis lamento é chegar tarde para coñecelo en persoa.

Permalink     Sen comentarios    






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado