Últimos posts

Subscribirme ao RSS

Monumento a Curros de Asorey

Cando era rapaz, adoitaba ir pasear os domingos pola mañá cos meus pais polo porto e os xardíns de Méndez Núñez. Ao chegarmos á altura do Monumento a Curros, meu pai, sempre me contaba o seu significado. Eu ollaba para el con ese ollar limpo dun pícaro que ten a certeza que o seu pai o sabe todo. Como neno, chamábame moito a atención os mostros a combater na nosa terra: Caciquismo, usura e inxustiza, e muller que simboliza a Galiza erguéndose cara ao ceo.
Era case un ritual, ao pasarmos por diante, cada domingo el dicía,  "lembrate Xabier, este é Curros" e repitía o significado de cada un dos símbolos e falaba do seu multitudinario enterro e a relación que tiña con Cuba; tamén do home que llo explicara a el. Xa adolescente, cando ía ao cinema ao "Quiosco Alfonso" (hoxe sala de exposicións) contáballe aos meus amigos esa historia. Co paso dos anos funme decatando, pola descrión física e pola calidade dos detalles que fora o mesmo Asorey quen llo explicara ao meu pai. Certamente é unha das obras que máis me gustan dos xardíns coa da "Condesa de Pardo Bazán" e a de "Concepción Arenal" (adoraba ver os peixiños de cores que nadaban no estanque ao pé do monumento).
Estes días caeu na miña mán un artigo que me trouxo todas estas lembranzas.
Quero agracer ao autor deste traballo estes momentos de saudade e tamén deixarvos o seu enlace para quen quera afondar máis no significado desta obra de Asorey.

javascript:void(0);/*1594812677388*/

Quen ía dicir que 50 anos máis tarde a miña relación coa maior das Antillas ía ser tan intensa.

Permalink     2 Comentarios    




Comentarios

É un placer acompañarte por este percorrido polos recordos da túa nenez, os teus pais e a túa terra; que xa quero coma miña. Grazas por achegarme á túa cultura e lingua.
Deixo estes versos de Curros Enríquez.
..................

Cuba, que amé delorida
recólleme expatriado.
Nela non ha de faltarme
unha cunquiña de caldo.

Ao Pobo Coruñés. Curros Enríquez.

enviado por HÉLADE o 15 xullo 2020 ás 11:54 PM CEST #

I am so happy to come across this piece of write up, very much advanced my understanding to the next top level. Great job and continue to do same.
<a href="https://www.celebsmoviejackets.com/the-boys-frenchie-field-jacket">The Boys Frenchie Field Jacket</a>


enviado por Mike Rooney o 17 xullo 2020 ás 11:00 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado