Últimos posts

Subscribirme ao RSS

Inês de Portugal

O libro Inês de Portugal de Joao Aguiar.
Este libro xa publicado na súa quinta edición polo ano 1997 e hoxe en día descatalogado, foi feito polo mesmo autor que é guionista da obra televisiva sobre ese tema, emitida  no ano 2007 na RTP en capítulos.
Trata, pois, do romance de Inês, dama galega da familia dos Castro e D. Pedro rei de Portugal 1355.
A través dun dos vasalos e do propio rei nas súas ausencias psíquicas narra esta historia desde unha perpectiva de flashback que fai máis doloroso todo o pasado pola soidade e frialdade deste rei.
Un libro que nos cativa desde a primeira páxina cunha linguaxe poética  que nos leva cara os sentimentos máis profundos do ser humano, o amor sen límites e o odio e vinganza tamén sen límites.
Cito unha das frases máis desacougantes e fermosas  que  eu atopei:           "-"........Mas virdes buscá-la agora, e tresladá-la para Alcobaça como se fora vossa mulher e Rainha! Assim perdeis vossa honra e vossa alma.........
.......
Pela primeira vez ,vê no rosto de Pedro um imenso sofrimento que rompe a máscara dura. com a mão direita, ele aponta a cova.
-Madre Abadessa. A minha honra e a minha alma são ali. Venho buscá-las."

Permalink     Sen comentarios    






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado