Últimos posts

Subscribirme ao RSS

Lado a Lado

Magnifico disco de Mafalda Veiga e João Pedro Pais, sobre todo para os que non dominamos o português. Podemos atopar as letras na páxina web de J.Pedro Pais

Permalink     Sen comentarios    

História Essencial de Portugal

Historia Essencial de Portugal: Magnífica colección de 6 DVD do profesor José Hermano Saraiva, que nos mostra de xeito sinxelo a historia de portugal, grande descoñecida para todos os galegos

Permalink     Sen comentarios    

Inês de Portugal

O libro Inês de Portugal de Joao Aguiar.
Este libro xa publicado na súa quinta edición polo ano 1997 e hoxe en día descatalogado, foi feito polo mesmo autor que é guionista da obra televisiva sobre ese tema, emitida  no ano 2007 na RTP en capítulos.
Trata, pois, do romance de Inês, dama galega da familia dos Castro e D. Pedro rei de Portugal 1355.
A través dun dos vasalos e do propio rei nas súas ausencias psíquicas narra esta historia desde unha perpectiva de flashback que fai máis doloroso todo o pasado pola soidade e frialdade deste rei.
Un libro que nos cativa desde a primeira páxina cunha linguaxe poética  que nos leva cara os sentimentos máis profundos do ser humano, o amor sen límites e o odio e vinganza tamén sen límites.
Cito unha das frases máis desacougantes e fermosas  que  eu atopei:           "-"........Mas virdes buscá-la agora, e tresladá-la para Alcobaça como se fora vossa mulher e Rainha! Assim perdeis vossa honra e vossa alma.........
.......
Pela primeira vez ,vê no rosto de Pedro um imenso sofrimento que rompe a máscara dura. com a mão direita, ele aponta a cova.
-Madre Abadessa. A minha honra e a minha alma são ali. Venho buscá-las."

Permalink     Sen comentarios    

André Sardet

Acústico é um magnífico disco de André gravado ao vivo em Coimbra. Canção melódicas com uma linguagem renovadora. Vem coas letras

Permalink     Sen comentarios