Cachorro de Pastor Alemán

A nosa querida BRIGA o día 14 de febreiro tivo unha fermosa camada de 1 femia e 5 machos. O pai é DALLAS DE AL MALAKI. Están lindísimos, estades todos convidados a velos antes de que marchen da casa

martes 09 marzo 2010

En General | Sen comentarios | Permalink

Concurso canino de Pontevedra

CONCURSO CANINO  "CIDADE DE PONTEVEDRA"  

Coa cualificación de "excelente primeiro" chegaron á final nosas campeonas 
-   "Jana de Villangoba" na clase adultos e 
-   "Briga" na clase xóvenes.

Parabéns ás dúas

luns 26 outubro 2009

En General | 1 comentario | Permalink

Gallaecia, o noso "afijo"

"GALLAECIA" é o noso "afijo" como criadores de cans de pastor alemán. Apartir deste momento todos os nosos cachorros levarán este apelido

luns 26 outubro 2009

En General | Sen comentarios | Permalink

Cachorros Pastor Aléman, 1ª semana

xoves 29 maio 2008

En Videos | Sen comentarios | Permalink

1er cachorro (Ita)

As primeiras reaccións de Jana despois de parir a Ita

venres 23 maio 2008

En Videos | Sen comentarios | Permalink

Primeira camada de Jana (4 dias)

Primeiras imaxes da camada de Jana, tomadas aos 4 dias de nacer, controladora coma sempre

venres 23 maio 2008

En Videos | Sen comentarios | Permalink

Lado a Lado

Magnifico disco de Mafalda Veiga e João Pedro Pais, sobre todo para os que non dominamos o português. Podemos atopar as letras na páxina web de J.Pedro Pais

xoves 22 maio 2008

En Português | Sen comentarios | Permalink

História Essencial de Portugal

Historia Essencial de Portugal: Magnífica colección de 6 DVD do profesor José Hermano Saraiva, que nos mostra de xeito sinxelo a historia de portugal, grande descoñecida para todos os galegos

xoves 08 maio 2008

En Português | Sen comentarios | Permalink

Inês de Portugal

O libro Inês de Portugal de Joao Aguiar.
Este libro xa publicado na súa quinta edición polo ano 1997 e hoxe en día descatalogado, foi feito polo mesmo autor que é guionista da obra televisiva sobre ese tema, emitida  no ano 2007 na RTP en capítulos.
Trata, pois, do romance de Inês, dama galega da familia dos Castro e D. Pedro rei de Portugal 1355.
A través dun dos vasalos e do propio rei nas súas ausencias psíquicas narra esta historia desde unha perpectiva de flashback que fai máis doloroso todo o pasado pola soidade e frialdade deste rei.
Un libro que nos cativa desde a primeira páxina cunha linguaxe poética  que nos leva cara os sentimentos máis profundos do ser humano, o amor sen límites e o odio e vinganza tamén sen límites.
Cito unha das frases máis desacougantes e fermosas  que  eu atopei:           "-"........Mas virdes buscá-la agora, e tresladá-la para Alcobaça como se fora vossa mulher e Rainha! Assim perdeis vossa honra e vossa alma.........
.......
Pela primeira vez ,vê no rosto de Pedro um imenso sofrimento que rompe a máscara dura. com a mão direita, ele aponta a cova.
-Madre Abadessa. A minha honra e a minha alma são ali. Venho buscá-las."

mércores 07 maio 2008

En Português | Sen comentarios | Permalink

André Sardet

Acústico é um magnífico disco de André gravado ao vivo em Coimbra. Canção melódicas com uma linguagem renovadora. Vem coas letras

martes 06 maio 2008

En Português | Sen comentarios | Permalink

Fuxida de Lua

null[ Máis ]

domingo 27 abril 2008

En Videos | Sen comentarios | Permalink